CONCELLO:
Riotorto é un concello situado ao noroeste da provincia de Lugo, incluído na rexión de Meira e a poucos quilómetros da Mariña Lucense, nunha zona de transición entre a costa e o interior. Cerca están A Pontenova, Meira, Vilanova de Lourenzá, Mondoñedo, Trabada e A Pastoriza
Dende o cumio de Carracedo, situado nos límites co concello de Mondoñedo, descendemos por Santalla, Vilaseca, O Vilar de Santiago, Santa Marta de Meilán, ata chegar ao núcleo ou capital: As Rodrigas. Ao leste están A Moxoeira e A Augaxosa. Continuando cara a Meira pasamos por Espasande de Abaixo e xa subimos, Ferreiravella e Aldurfe, a parroquia máis próxima a Terra Chá; e no outro extremo a Órrea e Galegos, xa no Val do Eo.
As fermosas paisaxes naturais, bosques e regatos, así como igrexas, capelas, cabozos e algunhas casas nobres presiden todo o concello.
Igualmente importante é a cultura gastronómica e a tradición das festas. E todo o que Alvaro Cunqueiro deu boa fe nas súas obras literarias ou Avelino Díaz nos seus poemas.
Pero se algo caracterizou e caracteriza estas terras, é a súa longa tradición nos traballos de ferro. Na casa consistorial case vinte ferreiros manteñen viva un comercio de séculos de historia e coas súas forxas, mallas e molares confírenlle singularidade a esta paisaxe.
Ferro e natureza, lecer, tranquilidade e gastronomía. Riotorto, unha terra por e para descubrir.
–Feira de artesanía do ferro. Ferreiravella. Mes de Abril.
–Ferreiravella. Festas en honor a San Xillao – 7 de Xaneiro.
–Vilaseca. Festas en honor a San Xosé – 19 de Marzo.
–Galegos. Festas en honor á Virxe da Ascensión – Xoves, seis semanas despois do Xoves Santo.
–Val. Festas en honor a San Isidro – 15 de Maio.
–A Ferraría. Festas en honor a San Antón – 13 de Xuño.
–Santalla. Festas en honor a San Xoán – 24 de Xuño.
–Riotorto. Festas en honor a San Pedro e Santa Sabela – 29 de Xuño.
–Aldurfe. Festas en honor a San Pedro – 29 de Xuño.
–Folgueirúa. Festas en honor a San Pedro – 29 de Xuño.
–O Vilar de Santiago. Festas en honor a Santiago – 25 de Xullo
–Chacín. Festas en honor a San Pedro Fiz – Primeiro domingo de Agosto.
–A Muxueira. Festas en honor a San Lourenzo – 10 de Agosto.
–A Croa. Sons do Mencer na Croa – Segundo venres de Agosto.
–Espasande de Arriba.
Festas en honor a San Bernabeu – 11 de Xuño.
Festas en honor a San Roque – 16 de Agosto.
–Santa Marta de Meilán. Festas en honor a San Ramón – 31 de Agosto
–Lourido. Festas en honor a Nosa Señora da Piedade – 15 de Setembro
–A Augaxosa
Romería das Cruces – 21 de Maio.
As San Lucas (festa e feira de gando) – 16-18 de Setembro.
–As Rodrigas
Festas en honor a San Xosé (festa dos Pepes) – 19 de Marzo.
Festas San Cristovo – 10 de Xullo.
San Huberto (festa dos cazadores) – 3 de Novembro.
–A Órrea
Santa Comba – 31 de Decembro.